Hoxe erguimonos vendo o ceo gris, coma o da casa, chorando a mares sobre estas paisaxes de outono tan evocadoras e pictoricas (case dan ganas de facerse un te e ler a Jack London toda a tarde) peeeeeero, hai que traballar. Velaqui as tarefas de hoxe (para realizar na aula e nos momentos de estudo, pola tarde):
MATEMATICAS CCSS: Exercicios 30 a 36 do tema 2.
HISTORIA: Realizar e rematar o comentario de texto 10 (este seria o terceiro comentario que tedes feito, tedes que ter tres acabados esta semana para poder facer os outros tres na proxima).
FISICA E QUIMICA: Revisaremos o MCU e o MCUA. Para o sabado teredes que ter feitos todos os exercicios recomendados (aqueles listados con fondo verde) correspondentes ao MCU. Faremos os de MCUA no estudo do sabado. Deste xeito empezaremos a ver movementos combinados o luns. Right on time!
TODOS: Lede tres novas de tres xornais diferentes e apuntade no caderno a seguinte informacion:
- Data
- Nome do xornal.
- Titulo da nova.
- Breve resumo da nova en cuestion.
Lembrade que esta actividade deberedes facela en galego e coidando a expresion, para o que podedes empregar os recursos online que tedes citados no arquivo de galego con orientacions para preparar a asignatura.
Sobre lanzamentos parabolicos e reflexions varias....
No hay comentarios:
Publicar un comentario