sábado, 27 de octubre de 2012

Resumindo...


Pouco a pouco imos entrando no caos que precede á volta, e temos que empezar a aclarar ben as ideas. Por se alguén ten algunha dúbida (que sei que non, dado que traballáchedes moitísimo durante estes días), deixo aquí a última "pizarra" de Vermont en Chivers (a data non está actualizada, que mágoa!) e un resumo do que levades feito (e se alguén ten algún fleco que acabar xa sabe o que lle toca!)

Matemáticas CCSS: Tema 1 completo, tema 2 até progresións.
Matemáticas Ciencias: Tema 1 completo, tema 2 até o método de Gauss.

De novo os meus parabéns pola gran mellora nos exames últimos que fixemos en matemáticas tanto en humanidades coma en ciencias.

Língua galega: Temas 1, 8 e 9 con exercicios.
Lengua castellana: Temas 1,2 e 3 con exercicios.

Física e química: Teoría completa agás o caso 3 e 4 da combinación de movementos (lembrade que tedes que ter feitos tamén todos os exercicios representativos (os verdes) que van unidos a esta teoría).

CMC: Case acabada a función do método científico, precisades falar con Xoán polo muído para que vos oriente mellor.

Filosofía: Tema 1 completo.

Historia: Tema 1 completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario