Exames:
- Exame de Historia/Física e química (Xoves día 25, durante os Periods F e H)
- Exame de Matemáticas (ámbalas dúas ramas), (Venres día 26 durante F)
- Exame de Língua castelá (Sábado no Period G)
En canto ás actividades de hoxe:
MATEMÁTICAS CCSS: Repasamos conceptos de porcentaxes, traballamos as actividades 8 a 11 e 37 a 43, do tema 2.
MATEMÁTICAS CIENCIAS: Repasamos a resolución de ecuacións exponenciais, traballamos as actividades 21 (agás o f) e 49.
HISTORIA: Continuamos cos comentarios de texto (lembrade que no exame do xoves pode caer calquera deles e mellor telos feitos de antes).
FÍSICA E QUÍMICA: Repasamos o MCUA e fixemos parte das actividades máis representativas deste movemento, estudamos a teoría da combinación de movementos coa mesma dirección e fixemos o exemplo do exercicio resolto 7.11. Lembrade que tedes que traballar nos exercicios significativos deste epígrafe tamén.
GALEGO: Resumos acabados do tema 8 e exercicios:
- Páxina 181: 1,2,3,4 e 5
- Páxina 182: 6 e 7
- Páxina 183: 8,9,10 e 11
- Páxina 184: 1 e 2
Mañá na sesión de antes do almorzo os alumnos da rama humanística teredes tempo para realizar os comentarios de texto de Historia durante os Periods D e H, os de ciencias seguiremos con física e química traballando na resolución dos deberes de hoxe e nos movementos combinados de direccións perpendiculares. Pola tarde traballaremos língua castelá, matemáticas e CMC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario