miércoles, 31 de octubre de 2012

Algunhas imaxes do Twin day e do proxecto de un millon de osos












IMPORTANTE: Informacion sobre o retorno a Compostela

Saudos a todos e todas (de novo disculpas polas faltas por mor do teclado americano), acabamos de recibir confirmacion da data de retorno para a expedicion de Vermont Academy.

As novas datas da viaxe son as seguintes:

SAIDA DE NOVA YORK (aeroporto JFK) o 5 de Novembro (luns) as 18:10 (hora local) con chegada a Madrid Barajas as 07:30 do 6 de Novembro (hora local).

SAIDA DE MADRID BARAJAS o 6 de Novembro (martes) as 11:50 e chegada a Santiago de Compostela as 13:00 da tarde.

O transporte de VA a Nova York faremolo en autobus, por xentileza dos nosos anfitrions.



martes, 30 de octubre de 2012

Sandy

Os que me coñecen saben que teño certa debilidade polas proporcións áureas, velaquí, antes do que crimos que sería o último video en Vermont, vos deixo unha fotografía de Sandy na que, seica, se ve claramente a súa condición de espiral áurea...



   Velaquí temos a Matheus e a Silvia que nos van falar da xente que íamos deixar en Vermont e dos viaxes que fixeron a outras cidades importantes da zona durante estes dous meses.



Seguindo coas actividades programadas...

E aproveitando a inestimable axuda de Mrs Hepburn (roxa coma Katheryn), un grupo de cinco alumnos (Ana Escariz, Ana González, Félix Gendra, Sandra Carnota e Sara León) acudiron hoxe á aula de alfarería para colaborar con este proxecto de sona, xa internacional, que se repetirá en Washington este verán, sobre a importancia das nosas protestas en temas tan controvertidos coma o xenocidio. Velaquí un vídeo da demostración que se fixo xa en México...



As esculturas dos nosos alumnos (cincuenta de hoxe) formarán parte da exhibición en Washington, hoxe estiveron orgullosos de poder formar parte de este proxecto educativo, creativo e social tan importante e de aprender un pouquiño máis sobre esa palabra tan en boca de todos e que ten tanta carga sentimental e de valores.




Pensando en ti

Entrevista que nos fixeron onte na Radio Galega, no programa Pensando en ti, da man de Alberto Freire.Moitas grazas por enviar o podcast.




lunes, 29 de octubre de 2012

Para ir facendo boca... baloncesto en VA

Fran e Pablo, nesta ocasión, dan conta das súas experiencias como xogadores e observadores de baloncesto en VA...


Xornada do martes 30 de Outubro, Vermont

Velaquí a nosa xornada laboral de mañá, mozos e mozas, ánimo e a traballar que temos moito que aprender, moito que disfrutar e moito no que cabilar nestes días!

8:00 almorzo
8:30 Estaremos en Chivers, teremos alí todas as clases da xornada (preciso recuperar as chaves de Chivers e tamén os meus rotuladores). Empezaremos con matemáticas, interés simple para os de letras e repaso do método de Gauss para os de ciencias.

10:00 a 10:30 Recreo (poderedes baixar a comer algo se queredes)

10:30 a 11:30 Ciencias: Física e química/ Letras: Free Period

11:45 a 12:30 Comida

12:30 a 13:45: Ciencias: Free period/ Letras: Matemáticas

13:45 a 14:45 Ciencias e letras (traballo persoal)

14:45 a 15:25 CMC (posta en común das teorías das universidades)

Lembrade que aínda non sabemos se haberá algún tipo de adestramento ou se haberá estudo, polo que temos que traballar con forzas durante o día.

Novas desde Vermont

Últimas novas: Como sabedes, o aeroporto de Boston está pechado até novo aviso. Dende alí, pese aos nosos intentos de arranxar as cousas por teléfono, tan só soubemos que teremos un retraso na nosa chegada de, como mínimo 48 horas, pouco a pouco, ao longo das xornadas iremos sabendo máis e eu tereivos informados do que pase. Agora mesmo estamos de volta en Vermont Academy.

Os rapaces están ben, ilusionados e desilusionados a un tempo e moi cansos. Chove a rabiar, coma se o ceo se laira de que estiveramos a deixar atrás algo moi, moi querido. Ademáis de dicirvos que todo ben (isto está sendo toda unha aventura, sentímonos como os protagonistas dunha película e, como protagonistas, habemos sair victoriosos) aproveitamos esta viaxe en vivo do escritor para engadir unhas pinceladas máis de emoción ao proceso.

Desde VA infórmannos de que é moi probable de que mañá suframos cortes no suministro eléctrico. Esta noite estaremos a cargar todos os aparellos posibles pero os cortes no suministro implican que teremos que ter coidado no emprego da auga e, sobre todo, anulan internet que é o noso principal medio de comunicación co mundo exterior (canto me lembro da magnífica Call of the Wild de Jack London neste lugar!) e, polo tanto, como sabedes, non poderemos contactar convosco vía skype (e ademáis non temos cobertura). É dicir, calma e tranquilidade, se non tedes novas nosas durante mañá. De ser unha situación continuada eu darei o contrasinal deste blog a unha terceira persoa en España vía teléfono fixo para poder actualizar a nosa situación.

 A maiores, mañá, dado que xa non estamos oficialmente no programa de inmersión, agardo que me chegue novo material para seguir avanzando coas clases dos rapaces namentres acabamos cuns flecos que nos quedaron colgando. Estarán todo o tempo de estudo comigo e publicarei o horario de traballo no seguinte post. Boas noites e grazas por estar aí ao outro lado.

Volta desde Boston

Bos días a todos, Pregamos esteades atentos á información no blog que será a máis fidedigna que poidamos darvos. A altura das dúas da mañá (hora de Vermont) o noso vó foi cancelado. Polo dagora non temos máis datos, aínda que tentamos pórnos en contacto coa compañía aérea non nos dan máis información até que cheguemos todos ao aeroporto de Boston. Polo tanto imos seguir co noso plan de coller un autobús ás doce da mañá (hora local) e ir cara a cidade da que teriamos que sair. Unha vez alí actualizaremos a información co que eles nos digan. Por suposto, deixar claro, que esta cancelación non supón pór en perigo a seguridade de ninguén e que o único que acarrea será que pasemos moito tempo no aeroporto bastante aburridos. Por sorte haberá wifi. Un saúdo. Anna

sábado, 27 de octubre de 2012

Resumindo...


Pouco a pouco imos entrando no caos que precede á volta, e temos que empezar a aclarar ben as ideas. Por se alguén ten algunha dúbida (que sei que non, dado que traballáchedes moitísimo durante estes días), deixo aquí a última "pizarra" de Vermont en Chivers (a data non está actualizada, que mágoa!) e un resumo do que levades feito (e se alguén ten algún fleco que acabar xa sabe o que lle toca!)

Matemáticas CCSS: Tema 1 completo, tema 2 até progresións.
Matemáticas Ciencias: Tema 1 completo, tema 2 até o método de Gauss.

De novo os meus parabéns pola gran mellora nos exames últimos que fixemos en matemáticas tanto en humanidades coma en ciencias.

Língua galega: Temas 1, 8 e 9 con exercicios.
Lengua castellana: Temas 1,2 e 3 con exercicios.

Física e química: Teoría completa agás o caso 3 e 4 da combinación de movementos (lembrade que tedes que ter feitos tamén todos os exercicios representativos (os verdes) que van unidos a esta teoría).

CMC: Case acabada a función do método científico, precisades falar con Xoán polo muído para que vos oriente mellor.

Filosofía: Tema 1 completo.

Historia: Tema 1 completo.


miércoles, 24 de octubre de 2012

martes, 23 de octubre de 2012

Formal dinners

Os martes pola noite a cea é un algo distinta, velaquí vedes aos guapísimos alumnos do cole, postos de largo, para esta "formal dinner" da que nos falan, ao final, Cristina Losada, Marta Carreño e Brendan. Enjoy!




And here you can see the three smartest guys of the night!






Mércores 23 de Outubro-CMC

Aviso importante:
   Como sabedes, mañá temos F a primeira hora e despois teriades que baixar a C para subir de novo a Chivers e ter D, E e H. Como isto supón certos problemas de loxística, faredes o traballo de F en grupos, ben sexa no diner, ou nas bibliotecas.
 
   Para realizalo estudaremos CMC. Durante o almorzo buscade por min e dareivos os grupos de traballo. O que tedes que facer é discutir os vosos experimentos e hipótese de tal xeito que, dentro do grupo, debatindo con seriedade científica, sexades quen de refutar (probar a falta de veracidade) todas as hipótesis menos unha (as que escollades poden pertencer a distintos científicos do voso grupo de investigación). Esa hipótese e ese experimento será o que defendades, como grupo, na seguinte sesión de CMC.
 
   Para dar conta do voso boísimo traballo, tedes que completar este cuestionario...


Martes, 22 de Outubro

Aínda que custa levar bo ritmo de traballo cando hai que facelo seguido, coido que os esforzos que estades facendo darán bo fruto en Santiago.
Lembrade que hoxe tivemos tempo para correxir os exercicios (queda pendente facer o n2 de MCUA de novo, que o fixemos moi rápido) e que xa podedes facer os exercicios de composición de movementos en direccións perpendiculares nos que temos dous MRUs involucrados.
A maiores de avanzar co que fixemos onte de cara aos exames, engadimos:

Deberes matemáticas de ciencias:

      2x+3y+2x=6
      3x-2y-3z=1
      x+8y+7z=0

Deberes matemáticas de humanidades: Exercicio resolto 9 e exercicios 12, 13, 44, 45 e 48 (progresións xeométricas).

Todos: Língua castelá: resumos do tema 2 e exercicios7 da páxina 36 e 3,5,9 da páxina 37.





lunes, 22 de octubre de 2012

Luns 22 de Outubro

Os luns son días, certamente, duros. Recapitulo as actividades realizadas hoxe, lembrade que no estudo tedes que rematar o que non se rematou na aula e traballar de cara aos exames que teremos esta semana.

 Exames:


  1. Exame de Historia/Física e química (Xoves día 25, durante os Periods F e H)
  2. Exame de Matemáticas (ámbalas dúas ramas), (Venres día 26 durante F)
  3. Exame de Língua castelá (Sábado no Period G)
En canto ás actividades de hoxe:

MATEMÁTICAS CCSS: Repasamos conceptos de porcentaxes, traballamos as actividades 8 a 11 e 37 a 43, do tema 2.
MATEMÁTICAS CIENCIAS: Repasamos a resolución de ecuacións exponenciais, traballamos as actividades 21 (agás o f) e 49.
HISTORIA: Continuamos cos comentarios de texto (lembrade que no exame do xoves pode caer calquera deles e mellor telos feitos de antes).
FÍSICA E QUÍMICA: Repasamos o MCUA e fixemos parte das actividades máis representativas deste movemento, estudamos a teoría da combinación de movementos coa mesma dirección e fixemos o exemplo do exercicio resolto 7.11. Lembrade que tedes que traballar nos exercicios significativos deste epígrafe tamén.
GALEGO: Resumos acabados do tema 8 e exercicios:
  • Páxina 181: 1,2,3,4 e 5
  • Páxina 182: 6 e 7
  • Páxina 183: 8,9,10 e 11
  • Páxina 184: 1 e 2
Mañá na sesión de antes do almorzo os alumnos da rama humanística teredes tempo para realizar os comentarios de texto de Historia durante os Periods D e H, os de ciencias seguiremos con física e química traballando na resolución dos deberes de hoxe e nos movementos combinados de direccións perpendiculares. Pola tarde traballaremos língua castelá, matemáticas e CMC.


domingo, 21 de octubre de 2012

Instalacións do Campus

Nesta ocasión son Sara León e Paula Tabernero as que nos falan un pouquiño das instalacións que teñen aquí en Vermont Academy (non podemos deixar de mencionar á inestimable axuda de Mr Williams -un dos profesores de ciencias- e de Dave, así como da aparición de Ana González ).


Domingo 21 de Outubro

Bos días a todos! Como sabedes hoxe temos estudo de 8 a 10, aproveitade ben o tempo para levar todas esas tarefas que temos pendentes para mañá luns, especialmente os deberes de física e química, historia e, en xeral, os tres artigos para galego.

 Aínda que non teñamos moito que facer no campus, esta mañá amenceu estupenda e vai un sol que anima a calquera. Velaquí vos deixo algunhas fotos do outono de Vermont para que teñades unha idea do lugar onde estamos. Máis adiante no día, colgarei outro video con experiencias do programa de inmersión en Vermont Academy.








sábado, 20 de octubre de 2012

viernes, 19 de octubre de 2012

Venres 19 de Outubro

Bos dias a todos e todas desde Saxton's River (de novo desde a sala de profesores onde non me sinto ben cambiando as preferencias de teclado e, polo tanto, vivimos sen acentos e sen grafias propias do castelan e o galego).

Hoxe erguimonos vendo o ceo gris, coma o da casa, chorando a mares sobre estas paisaxes de outono tan evocadoras e pictoricas (case dan ganas de facerse un te e ler a Jack London toda a tarde) peeeeeero, hai que traballar. Velaqui as tarefas de hoxe (para realizar na aula e nos momentos de estudo, pola tarde):

MATEMATICAS CCSS: Exercicios 30 a 36 do tema 2.
HISTORIA: Realizar e rematar o comentario de texto 10 (este seria o terceiro comentario que tedes feito, tedes que ter tres acabados esta semana para poder facer os outros tres na proxima).

FISICA E QUIMICA: Revisaremos o MCU e o MCUA. Para o sabado teredes que ter feitos todos os exercicios recomendados (aqueles listados con fondo verde) correspondentes ao MCU. Faremos os de MCUA no estudo do sabado. Deste xeito empezaremos a ver movementos combinados o luns. Right on time!

TODOS: Lede tres novas de tres xornais diferentes e apuntade no caderno a seguinte informacion:


  1. Data
  2. Nome do xornal.
  3. Titulo da nova.
  4. Breve resumo da nova en cuestion.
Lembrade que esta actividade deberedes facela en galego e coidando a expresion, para o que podedes empregar os recursos online que tedes citados no arquivo de galego con orientacions para preparar a asignatura.

Sobre lanzamentos parabolicos e reflexions varias....

jueves, 18 de octubre de 2012

Vivindo coas familias

Aínda que o programa de inmersión lingüística contaba con acomodar a todos os alumnos no campus, catro das rapazas tiveron que quedar con dúas familias. Ana e Silvia fálannos desta experiencia súa...

Xoves 18 de Oubutro

Aquí segue a lucir o sol. Tras a mini-probas de física, historia e matemáticas traballaremos esta tarde as asignaturas de matemáticas e galego. CIENCIAS: Matemáticas, tema 2, exercicio 48, apartados a)b) e c) HUMANIDADES: Matemáticas, tema 2, exercicios 28 e 29 TODOS: Galego, exercicio 9 do tema 1. Empezar a traballar no tema 8, de xeito consistente, comprensivo e aprendendo segundo traballamos o tema. Lémbrovos que continuaremos o traballo de CMC do método científico mañá na sesión de 11:30 a 12:10.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Outdoor activities

   Como ben sabedes, dentro do programa de educación integral (coma no noso caso), os rapaces teñen unha ou máis sesións de deporte. Nesta ocasión Ana González e mais Sandra Carnota fálannos da súa actividade de deportes: Outdoor activities.



Mercores 18 de Outubro

Esta entrada esta realizada desde un dos ordenadores da sala de profesores polo que, por desgraza, non podo empregar acentos.

Lembrade que hoxe temos estudo comun, no edificio de Ciencias. Ali repasaremos para os exames do xoves.

MATEMATICAS- RAMA CIENTIFICA: Repaso ata logaritmos.
MATEMATICAS- RAMA HUMANISTICA: Repaso ata logaritmos.

HISTORIA: Un dos comentarios de texto que tedes que ter elaborados (21, 4 e 6)
FISICA E QUIMICA: Repaso de magnitudes, MRU e MRUA (todos os casos)

Aproveito para animarvos a facelo ben, hoxe demostrachedes nas clases de antes de comer que sodes quen de traballar duro e de xeito concienzudo e lembrade a sensacion incomparable de victoria ao facer un dos exercicios dificiles (como fixeron Adrian ou Nacho) por un mesmo e ver que todo vai ben, que esta correcto e que dominamos a materia.

Quedanos pendente elaborar o exercicio 9 de galego, se queredes traballar nel esta noite porque xa levades moi ben os exames, podedes facelo. De todos modos traballaremos galego e CMC no estudo do xoves.


martes, 16 de octubre de 2012

Boston

Viaxe cultural a Boston, luns 15 de Outubro de 2012

    O luns, coma parte do long weekend, puidemos visitar Boston, pese ao axustado do noso tempo pasamos un bo rato en Quincy Market (un dos enclaves do Freedom trail, ruta que moitos fixemos á tardiña, regalando os ollos na beleza arquitectónica desta cidade de Nova Inglaterra), fomos ao acuario e experimentamos o 3D da tecnoloxía IMAX. As imaxes, mellores testigos do vivido que as palabras, serven para contarnos un pouquiño como foi este día no que, como vedes, o equipo de intercambio non deixou pasar a ocasión para cantaruxar coma se estivesemos nun episodio dos Simpsons -atentos ao vídeo do final- (boa pronunciación e boas voces, menuda canteira temos para o Sar de 1º de Bacharelato!)







E agora o prometido video da viaxe, atentos os cazatalentos!



Martes 16 de Outubro

Boas a todos! Como vedes acabo de crear este blog para que podamos estar todos comunicados e enterados do que está a pasar co noso tempo e as nosas clases, aquí deixarei traballo pendente de facer e avisos varios, tanto para vós coma para aqueles que nos seguen desde Santiago e teñen tanta curiosidade por ver como nos van as cousas.

 O primeiro, lembrade que non podedes ter "Free period" namentres non lle pase a información de quen vos dá clase nese period (o B) a Doris, e non lla podo pasar se non ma decides, así que, como xa acordaramos, de momento, non tedes o B coma free period porque a información que precisa de vós a administración aínda non lle chegou. Ao final desta entrada deixo -de novo- o simplísimo formulario que tedes que cubrir, cando teña os 16 nomes que preciso (xa que sodes 16 alumnos e tedes que pór cada alumno o seu teacher aínda que se repita) non podemos ter o free period (a bo entendedor... tedes que seguir indo a B ata novo aviso).


 O segundo, acaba de me chegar un mail avisando de que hoxe, para o estudo, non teremos dispoñibles nen Fuller, nen Learning Skills, nen Great Room, así que xa sabedes que iso significa que estudamos nos dorm. Tedes un monte de deberes para facer que deberían encher, de sobra, esas dúas horas de estudo. Eu pedirei esos deberes mañá. Alumnos da rama científica: tedes deberes de física e de matemáticas. No caso de rematar estes exercicios avanzade nas modáis específicas sexan EPV, tecnoloxía ou bioloxía (aqueles que xa o teñan todo feito de bioloxía, se os hai, que repasen que é mellor levar as cousas frescas). Alumnos da rama humanística: tedes deberes de matemáticas. Seguide traballando nos comentarios de texto de historia e, aqueles que non acabárades a programación (a expeción dos comentarios de texto) acabádea. Para mañá deberedes ter, obrigatoriamente, o primeiro comentario acabado e xa estar traballando no segundo (que quere dicir que quero ver o segundo empezado e non un "xa o lín").


 O terceiro: mañá teremos clase normal nas horas das nosas clases, os que non tedes clases porque os americanos están de exames teredes eses periods libres. Seguiremos traballando con física/historia e despois, todos xuntos, con matemáticas e CMC. Lembrade que o xoves tedes dous miniexames, un de física/historia e outro de matemáticas.


 Nada máis, ánimo a todos que son dúas horas de estudo que poden dar moitísimo de si e vós sodes quen de facer cousas fantásticas cando queredes! Déixovos o formulario do B period abaixo e este vídeo que tanto vos gustou do Cabaret. :)




Vermont experiences

Vermont visto por ... Félix Gendra: