O primeiro, lembrade que non podedes ter "Free period" namentres non lle pase a información de quen vos dá clase nese period (o B) a Doris, e non lla podo pasar se non ma decides, así que, como xa acordaramos, de momento, non tedes o B coma free period porque a información que precisa de vós a administración aínda non lle chegou. Ao final desta entrada deixo -de novo- o simplísimo formulario que tedes que cubrir, cando teña os 16 nomes que preciso (xa que sodes 16 alumnos e tedes que pór cada alumno o seu teacher aínda que se repita) non podemos ter o free period (a bo entendedor... tedes que seguir indo a B ata novo aviso).
O segundo, acaba de me chegar un mail avisando de que hoxe, para o estudo, non teremos dispoñibles nen Fuller, nen Learning Skills, nen Great Room, así que xa sabedes que iso significa que estudamos nos dorm. Tedes un monte de deberes para facer que deberían encher, de sobra, esas dúas horas de estudo. Eu pedirei esos deberes mañá. Alumnos da rama científica: tedes deberes de física e de matemáticas. No caso de rematar estes exercicios avanzade nas modáis específicas sexan EPV, tecnoloxía ou bioloxía (aqueles que xa o teñan todo feito de bioloxía, se os hai, que repasen que é mellor levar as cousas frescas). Alumnos da rama humanística: tedes deberes de matemáticas. Seguide traballando nos comentarios de texto de historia e, aqueles que non acabárades a programación (a expeción dos comentarios de texto) acabádea. Para mañá deberedes ter, obrigatoriamente, o primeiro comentario acabado e xa estar traballando no segundo (que quere dicir que quero ver o segundo empezado e non un "xa o lín").
O terceiro: mañá teremos clase normal nas horas das nosas clases, os que non tedes clases porque os americanos están de exames teredes eses periods libres. Seguiremos traballando con física/historia e despois, todos xuntos, con matemáticas e CMC. Lembrade que o xoves tedes dous miniexames, un de física/historia e outro de matemáticas.
Nada máis, ánimo a todos que son dúas horas de estudo que poden dar moitísimo de si e vós sodes quen de facer cousas fantásticas cando queredes! Déixovos o formulario do B period abaixo e este vídeo que tanto vos gustou do Cabaret. :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario