sábado, 3 de noviembre de 2012

Resumindo II

Saudos de novo, esta é a actualización da tarefa que teremos que presentar a nosa volta a Galiza (quen di presentar, di ter traballada, nas materias nas que non lle tedes que presentar a tarefa ao profesor correspondente):

Resumindo...


Matemáticas CCSS: Tema 1 completo, tema 2 até interés composto.
Matemáticas Ciencias: Tema 1 completo, tema 2 até as ecuacións racionais.

Língua galega: Temas 1, 8 e 9 con exercicios.
Lengua castellana: Temas 1,2 e 3 con exercicios.

Física e química: Unidade didáctica 1 rematada (lembrade que tedes que ter feitos tamén todos os exercicios representativos (os verdes) que van unidos a esta teoría).

CMC: Case acabada a función do método científico, elaboración do exame parcial fixándose ben nos apuntes (entregar a Xoan ao chegar a Santiago).

Filosofía: Tema 1 completo.

Historia: Tema 1 completo.

Bioloxía: Temas 1, 2 e 3 completos cos exercicios do final do tema en cada un deles.

Economía: Temas 1, 2 e 3 completos (ver a película "A doctrina do shock")

EPV/Tecnoloxía: xa está discutido na clase. É prioritario falar cos profesores da materia ao chegar.

viernes, 2 de noviembre de 2012

Fashion disaster





      Fashion disaster é o tema do quinto día da Semana do Espíritu, o primeiro fora o día do pixama, o segundo twin day (do que xa vichedes fotografías), o terceiro Halloween, o cuarto Spirit day (no que cada curso tiña que vestirse cunha cor, rosa, laranxa, branco ou negro) e hoxe toca fashion disaster!

miércoles, 31 de octubre de 2012

Algunhas imaxes do Twin day e do proxecto de un millon de osos












IMPORTANTE: Informacion sobre o retorno a Compostela

Saudos a todos e todas (de novo disculpas polas faltas por mor do teclado americano), acabamos de recibir confirmacion da data de retorno para a expedicion de Vermont Academy.

As novas datas da viaxe son as seguintes:

SAIDA DE NOVA YORK (aeroporto JFK) o 5 de Novembro (luns) as 18:10 (hora local) con chegada a Madrid Barajas as 07:30 do 6 de Novembro (hora local).

SAIDA DE MADRID BARAJAS o 6 de Novembro (martes) as 11:50 e chegada a Santiago de Compostela as 13:00 da tarde.

O transporte de VA a Nova York faremolo en autobus, por xentileza dos nosos anfitrions.



martes, 30 de octubre de 2012

Sandy

Os que me coñecen saben que teño certa debilidade polas proporcións áureas, velaquí, antes do que crimos que sería o último video en Vermont, vos deixo unha fotografía de Sandy na que, seica, se ve claramente a súa condición de espiral áurea...



   Velaquí temos a Matheus e a Silvia que nos van falar da xente que íamos deixar en Vermont e dos viaxes que fixeron a outras cidades importantes da zona durante estes dous meses.



Seguindo coas actividades programadas...

E aproveitando a inestimable axuda de Mrs Hepburn (roxa coma Katheryn), un grupo de cinco alumnos (Ana Escariz, Ana González, Félix Gendra, Sandra Carnota e Sara León) acudiron hoxe á aula de alfarería para colaborar con este proxecto de sona, xa internacional, que se repetirá en Washington este verán, sobre a importancia das nosas protestas en temas tan controvertidos coma o xenocidio. Velaquí un vídeo da demostración que se fixo xa en México...



As esculturas dos nosos alumnos (cincuenta de hoxe) formarán parte da exhibición en Washington, hoxe estiveron orgullosos de poder formar parte de este proxecto educativo, creativo e social tan importante e de aprender un pouquiño máis sobre esa palabra tan en boca de todos e que ten tanta carga sentimental e de valores.